Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Xosé María Álvarez Cáccamo

Naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galicia. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos, A comezos do 2006 publica en Galaxia as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta.

Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galicia 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.

Obras de Xosé María Álvarez Cáccamo no catálogo:
- Vida de Antón Avilés de Taramancos ISBN: 978-84-8288-591-9
- Memoria de poeta ISBN: 978-84-8288-892-7
- Vento de sal ISBN: 978-84-9865-052-5
- Tempo do pai ISBN: 978-84-9865-062-4
- Un home impuntual ISBN: 978-84-9865-283-3


Eventos relacionados:
25/05/2006 20:00
Editorial Galaxia presenta en Vigo as memorias de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Memoria de poeta é o título que recolle na colección Memoria de Galaxia as Memorias de X.M. Álvarez Cáccamo e que se presenta en Vigo na Casa do Libro o vindeiro 25 de maio de 2006 ás 20.00 horas.

02/04/2008 20:00
Presentación de "Canle segredo" e "Vento de sal"
Na Casa do Libro de Vigo, o mércores 2 de abril, ás 20.00 horas.

21/05/2008 20:00
Conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo: "Tempo do pai"
Mércores 21 de maio, ás 20.00 horas, na Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2. Vigo

07/05/2008 20:00
Xosé María Álvarez Cáccamo presenta "Tempo do pai"
Mércores 7 de maio, ás 20.00 horas, na Biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa, Culleredo.

09/07/2010 20:30
Presentación de UN HOME IMPUNTUAL, de Pepe Cáccamo
Venres 9 de xullo, ás 20:30 h, na Feira do Libro de Vigo

22/07/2010 20:30
Presentación en Cangas de UN HOME IMPUNTUAL
Xoves 22 de xullo, ás 20:30 h, na Feira do Libro. Alameda de Soage, Cangas

25/07/2010 16:30
Pepe Cáccamo no Festigal 2010
Domingo 25 de xullo, ás 16:30 h.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal