Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Marilar Aleixandre

Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na USC. Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua literaria. As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990). Continuou con libros para adolescentes como Nogard (1994) e a novela de aventuras A expedición do Pacífico (1994), coa que obtivo os premios Merlín e Lousada Diéguez. A novela que a deu a coñecer nun ámbito máis amplo foi Tránsito dos gramáticos (1993), unha orixinal intriga ambientada nunha Compostela futurista.

En 1996 publicou a colección de relatos Lobos nas illas. Con A Compañía Clandestina de Contrapublicidade gañou a IV edición do Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (1998). En 2001 publicou Unha presa de terra. Recibiu o Premio Xerais de Novela 2001 por Teoría do Caos.

Recibiu o galardón Letra E concedido pola AELG. Na Asemblea Xeral do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil, celebrado en setembro de 2010 en Santiago de Compostela, foi nomeada membro do Comité Executivo da organización.

Obras de Marilar Aleixandre no catálogo:
- Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao ISBN: 978-84-8288-363-2
- Basilisa, a princesa sapiño ISBN: 978-84-8288-453-0
- Herbalúa ISBN: 978-84-8288-963-4
- A compañía clandestina de contrapublicidade ISBN: 978-84-7154-040-9
- A vaca caníbal ISBN: 978-84-9865-460-8

Noticias relacionadas:
- Presentación de A VACA CANÍBAL en Santiago [16/01/2013]
- Homenaxe a Marilar Aleixandre no Salón do Libro de Pontevedra [02/04/2013]
- Literatura para o Día Mundial do Medio Ambiente [06/06/2013]

Eventos relacionados:
12/05/2007 11:30
Contacontos de Marilar Aleixandre
Na Ludoteca do Culturgal, Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 11.30 horas.

16/01/2013 20:00
Presentación de A VACA CANÍBAL
Mércores 16 de setembro, ás 20:00 h, na librería Couceiro. Santiago de Compostela


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal