Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Antía Cal

Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) naceu en Cuba mais volveu a Galicia coa súa familia de nena. Licenciouse en Xeografía e Historia na Facultade de Letras de Compostela no ano 1945.

A súa vocación pola pedagoxía, impulsada polo seu home, Antón Beiras García, e influída polas correntes pedagóxicas que coñeceu viaxando con el por Europa, levárona a crear no ano 1962 a Escola Rosalía Castro de Vigo.

Fronte a escola daquela época, o Rosalía foi pioneiro en moitos aspectos: unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, como suxeito de dereitos, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola inserida no entorno social, comprometida coa reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.

Antía Cal segue a ser hoxe unha das voces máis autorizadas que temos en Galicia no ámbito da pedagoxía. En 2012 a Fundación Otero Pedrayo concedeulle o Premio Trasalba.

Obras de Antía Cal no catálogo:
- Este camiño que fixemos xuntos ISBN: 978-84-8288-955-9

Noticias relacionadas:
- Premio Trasalba 2012 [07/08/2012]
- Carta a Antón Beiras [07/08/2012]
- Neira Vilas e Antía Cal na Feira do Libro de Vigo [07/08/2012]

Recomendacho ...
- Ánxeles Abelleira

Eventos relacionados:
10/03/2007 11:30
Presentación das memorias de Antía Cal
Ás 11,30h no Museo Pedagóxico de Galicia. San Lázaro, 107. Santiago de Compostela

01/10/2011 12:00
Antía Cal, Chairega de Honra
Sábado 1 de outubro, ás 12:00 h, na Casa da Cultura de Vilalba

24/06/2012 13:00
Entrega do Premio Trasalba 2012 a Antía Cal
Domingo 24 de xuño, ás 13:00 h, na Casa Museo de Ramón Otero Pedrayo. Amoeiro. Ourense


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal