Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Xaime Quintanilla

Xaime Quintanilla Martínez (Ferrol, 1892-1936) dedicouse profesionalmente á medicina e, amais de membro das Irmandades da Fala, foi alcalde de Ferrol ao encabezar as listas do PSOE nas eleccións de 1931, que supoñen a instauración do réxime constitucional da Segunda República. Foi un activo animador cultural, amais de editor e colaborador en diversos medios de comunicación.

Do seu interese polo teatro, como actor e director no coro Toxos e Frores, onde colabora en varios espectáculos, e como dramaturgo, dan conta as pezas Donosiña e Alén.

Foi asasinado en 1936 pola súa militancia socialista e republicana.

Obras de Xaime Quintanilla no catálogo:
- Alén ISBN: 978-84-9865-316-8


Eventos relacionados:
19/11/2010 12:00
Presentación en Ferrol de ALÉN, de Xaime Quintanilla
Venres 19 de novembro, ás 12:00 h, na sala de recepcións do Concello de Ferrol


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal