Clara do Roxo
A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes. Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos. E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. Esta é a súa primeira novela, que imaxinou para o seu fillo pequeno e para todos os nenos que teñan unha ilusión na súa cabeciña.
Obras de Clara do Roxo no catálogo:
- A princesiña que conducía unha locomotora ISBN: 978-84-9865-415-8
|
 |
 |
 |

 |
 |