
martes 18 de xuño 2013 a martes 25 de xuño 2013
'Cantaruxa coa bruxa Maruxa' en Rianxo
[18/06/2013 10:00]
Funcións ás 10, ás 11.15 e as 12.30
O espectáculo musical, con Uxía e Sergio Tannus, 'Cantaruxa coa bruxa Maruxa' chega ao Auditorio de Rianxo con tres funcións seguidas. Moitas das cancións do espectáculo pertencen ao libro-disco-DVD, 'María Fumaça'
Rosalía pequeniña en Ponteceso
[20/06/2013 19:00]
Na Biblioteca Municipal
Sérgio Tannus, Santi Cribeiro e Uxía subirán ao escenario a interpretar as cancións do espectáculo 'Rosalía Pequeniña' que forma parte do programa da SXPL, Falaredes.
Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Bueu
[20/06/2013 20:30]
No Restaurante Casa Quintela
Presentación de "As lambetadas de Larpeiros", de Merchi Rodal, no Restaurante Casa Quintela de Bueu (Rúa Eduardo Vincenti, 24).
Acompañarán á autora o cociñeiro Benigno Campos, Xosé Cermeño, director do programa LARPEIROS e o editor Francisco Castro. Ao remate do acto, a reposteira sorprenderanos cunha degustación dalgúns dos doces presentes no libro.
Rosalía pequeniña en Xunqueira de Espadanedo
[23/06/2013 19:00]
No salón de actos do Concello
Sérgio Tannus, Santi Cribeiro e Uxía subirán ao escenario a interpretar as cancións do espectáculo 'Rosalía Pequeniña' que forma parte do programa da SXPL, Falaredes.
|
|