
luns 18 de febreiro 2008
Presentación de Ceferino Díaz en Lugo
[18/02/2008 20:00]
O luns 18 de febreiro, ás 20.00 horas, no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra.
Ceferino Díaz presentará A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981, acompañado por Xosé López Orozco, Alcalde de Lugo, Lois Caeiro, director de El Progreso, e Benxamín Casal, conselleiro de Editorial Galaxia.
Autores relacionados
Díaz, Ceferino
Libros relacionados
A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
A exposición "Redes de coñecemento" en Santiago
[14/02/2008 - 25/03/2008]
Na sala de exposicións temporais do Museo do Pobo Galego, desde o 14 de febreiro ata o 25 de marzo.
Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza esta exposición que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da ciencia contemporánea en Galicia.
Permanecerá aberta ata o 25 de marzo de 2008 no seguinte horario:
De martes a sábado: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas
Domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 horas
Luns pechado.
|
|