
sábado 1 de agosto 2009
Presentación de O MUSEO DA INOCENCIA, de Orhan Pamuk
[01/08/2009 19:30]
Sábado 1 de agosto, ás 19.30 h, na Feira do Libro da Coruña
Editorial Galaxia presenta a tradución para o galego da nova novela de Orhan Pamuk, O Museo da Inocencia. Participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Xoán Abeleira, tradutor e poeta, Luz Corral, directora das bibliotecas municipais de Oleiros, e Xesús Fraga, xornalista e tradutor.
Autores relacionados
Pamuk, Orhan
Libros relacionados
O Museo da Inocencia
A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS en Cambados
[29/07/2009 - 04/10/2009]
Dende o 28 de xullo ata o 4 de outubro, no Pazo de Torrado. Cambados
Esta exposición, que percorre a vida e a obra de Ramón Cabanillas, pódese visitar ata o 4 de outubro no seguinte horario:
De martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Domingos, de 10:00 a 14:00 horas.
Luns pechado
|
|