
venres 27 de novembro 2009
Benigno Campos na Praza de Abastos de Cangas
[27/11/2009 10:30]
Venres 27 de novembro, a partir das 10.30 h.
Benigno Campos estará na Praza de Abastos de Cangas asinando exemplares do seu libro de receitas A cociña de Larpeiros.
Autores relacionados
Campos, Benigno
Libros relacionados
A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
Gonzalo Torrente Ballester e Carlos Casares. A tertulia infinita
[27/11/2009 20:00]
Venres 27 de novembro, ás 20.00 h, na Fundación Caixa Galicia. Praza da Constitución, s/n. Ferrol
Este é o título da mesa redonda organizada pola Fundación Carlos Casares e o Concello de Ferrol, que conta coa participación de Miguel Viqueira, Gustavo A. Garrido e Carmen Becerra. José Ponte Far presenta e modera.
Autores relacionados
Casares, Carlos
Homenaxe a Anxo A. Rei Ballesteros
[27/11/2009 20:30]
Venres 27 de novembro, ás 20.30 h, no Museo Valle-Inclán. A Pobra do Caramiñal.
-20:30 horas. Presentación do V Anuario de Estudos do Barbanza (Anuario 2009), que será nesta ocasión un monográfico adicado ao noso amigo, escritor e socio co-fundador de Barbantia, Anxo Rei Ballesteros; coa presenza dos coordinadores do volume: Manuel Cartea e Román Arén.
-21:00 horas. Presentación do texto de Anxo Rei A flor da boca, editado por Barbantia e mais a Deputación Provincial d´A Coruña.
-21:30 horas. Entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2009, acto que dirixirá e presentará Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.
A exposición RAMÓN PIÑEIRO. OLLADAS NO FUTURO en Compostela
[07/11/2009 - 31/12/2009]
Ata o 31 de decembro, no Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela
Esta exposición arredor da figura de Ramón Piñeiro pódese visitar no seguinte horario:
- De martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
- Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h.
Luns pechado
Autores relacionados
Piñeiro, Ramón
A exposición EDITAR EN GALEGO BAIXO A CENSURA FRANQUISTA en Foz
[02/11/2009 - 30/11/2009]
Na Oficina de Turismo. Rúa de Lugo, 2. Foz
Esta exposición, organizada pola Fundación Penzol, permanecerá aberta na Oficina de Turismo de Foz ata o día 30 de novembro no seguinte horario:
- De luns a venres, de 9 a 15:00 h.
- Sábados: de 10:00 a 14:00 h.
Domingos pechado
|
|