
xoves 10 de xuño 2010
Presentación dos novos títulos da Biblioteca ESAD
[10/06/2010 12:00]
Xoves 10 de xuño, ás 12.00 h, na Sala de Xuntas da Escola Superior de Arte Dramática. Poza Cabalo, s/n. Vigo
Manuel F. Vieites, director da ESAD e coordinador da colección, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, presentan aos medios de comunicación estes dous títulos:
- Obra dramática completa, de Sarah Kane
- Catro pezas, de Caryl Churchill
Autores relacionados
Kane, Sarah
Churchill, Caryl
Libros relacionados
Obra dramática completa
Catro pezas
Conferencia de An Alfaya, Rosa Aneiros e Fina Casalderrey
[10/06/2010 20:00]
Xoves 10 de xuño, ás 20:00 h, no Macuf. A Coruña
Dentro do ciclo de conferencias literarias MAESTRAS DE PAPEL terá lugar esta mesa redonda de An Alfaya, Rosa Aneiros e Fina Casalderrey, que leva por título: "Literatura con voz feminina: ¿unha escritura de rebelión no panorama do século XXI?".
|
|