
mércores 8 de xullo 2009
Presentación aos medios de comunicacion de O MUSEO DA INOCENCIA, de Orhan Pamuk
[08/07/2009 12:30]
Mércores 8 de xullo, ás 12.30 h, no Pazo de Raxoi. Santiago de Compostela
Socorro García Conde, Concelleira de cultura do Concello de Santiago, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Carlos Lema, director de edicións, presentan o último título da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, a esperada nova novela de Orhan Pamuk, O Museo da Inocencia.
Autores relacionados
Pamuk, Orhan
Libros relacionados
O Museo da Inocencia
A exposición GALICIA 25 en Lugo
[11/06/2009 - 19/07/2009]
Na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Deputación Provincial de Lugo
Esta exposición que percorre os últimos vintecinco anos da cultura galega pódese visitar ata o domingo 19 de xullo, no seguinte horario:
- De luns a venres, de 10:30 a 14 horas, e de 16:30 a 20:30 horas.
- Sábados, de 10:30 a 14 horas, e de 16:30 a 20 horas.
- Domingos, de 11 a 14 horas.
A exposición EDITAR EN GALEGO BAIXO A CENSURA FRANQUISTA no Barco de Valdeorras
[02/07/2009 - 30/07/2009]
Na Sala de Exposicións de Caixanova, Praza Príncipe de Asturias. O Barco de Valdeorras
Esta exposición, organizada pola Fundación Penzol, permanecerá aberta no Barco de Valdeorras ata o día 30 de xullo no seguinte horario:
Todos os días, de 19:00 a 21:00 h.
|
|