
xoves 6 de agosto 2009
Teatro para nenos na Feira do Libro da Coruña
[06/08/2009 18:00]
Xoves 6 de agosto, ás 18.00 h.
A escritora Heidi Kühn-Bode realiza esta actividade teatral para nenos arredor do seu libro Falou un queixo.
Autores relacionados
Kühn-Bode, Heidi
Libros relacionados
Falou un queixo
Presentación de MEMORIAS DUN NINGUÉN, de Carlos Mella
[06/08/2009 20:00]
Xoves 6 de agosto, ás 20.00 h, na Feira do Libro da Coruña
Editorial Galaxia presenta o novo libro de Carlos Mella, Memorias dun ninguén. O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, Xosé Luís Barreiro Rivas e o autor, Carlos Mella.
A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS en Cambados
[29/07/2009 - 04/10/2009]
Dende o 28 de xullo ata o 4 de outubro, no Pazo de Torrado. Cambados
Esta exposición, que percorre a vida e a obra de Ramón Cabanillas, pódese visitar ata o 4 de outubro no seguinte horario:
De martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Domingos, de 10:00 a 14:00 horas.
Luns pechado
|
|