
luns 20 de maio 2013 a xoves 27 de xuño 2013
Descuberta dunha placa conmemorativa na Casa Galega da Cultura de Vigo en honra á Fundación Penzol
[21/05/2013 19:00]
Co gallo do medio século de existencia da Fundación e do Centenario de Francisco Fernández del Riego
A praca será descuberta polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e polo presidente da Fundación, Alfonso Zulueta de Haz.
Presentación en Pontevedra de AS LAMBETADAS DE LARPEIROS de Merchi Rodal
[24/05/2013 19:00]
Ás 19 horas na Feira do Libro
O 24 de maio e dentro dos actos programados na Feira do Libro presentaremos o libro de receitas de Merchi Rodal, AS LAMBETADAS DE LARPEIROS.
No acto, canda a autora, participará Xosé Cermeño, director do programa da TVG, 'Larpeiros'.
Presentación de DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO en Pontevedra
[24/05/2013 20:00]
Dentro dos actos da Feira do Libro
Participarán os autores do libro-disco-DVD, Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil. Ao remate do acto convidarase a todos os asistentes a danzar algunhas das pezas presentes no libro.
|
|