Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

In vino veritas
Castro, Francisco



Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia.

A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na que os medios de comunicación e os intereses empresariais se mesturan cos baixos instintos.

Segundo Francisco Castro, In vino veritas é unha novela furiosa. Parodia de novela policial, deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación actuais e a parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida. Trátase dun texto acedo, no que o autor de 'Xeración perdida' profunda no seu estilo tan característico que xa lle coñecemos doutras obras, intervindo na historia para reflexionar sobre a realidade e as súas miserias.

Xulio Míguez, detective sen vocación, recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social, eses que hai tempo que traspasaron as televisións, a clase política e a hipocrisía global. Por iso é unha novela furiosa.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
388 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 20.00 €
ISBN: 978-84-9865-379-3
Data publicación: xuño 2011
1ª Edición


 

Outros libros de Literaria
- Seguinte:

Outros libros de Castro, Francisco
- Anterior:
- Seguinte:



Novas relacionadas:
- [29/11/2011]

Eventos relacionados:
02/08/2011 19:00
Presentación de IN VINO VERITAS na Feira da Coruña
Martes 2 de agosto, ás 19 h, na Feira do Libro. Xardíns de Méndez Núñez. A Coruña

[25/07/2011 - 25/07/2011]
FESTIGAL 2011
Luns 25 de xullo, no Campus Sur. Santiago

27/07/2011 20:00
Sinatura de Francisco Castro
Mércores 27 de xullo, ás 20 h, no Corte Inglés de Vigo

22/08/2011 20:00
Presentación en Sanxenxo de IN VINO VERITAS
Luns 22 de agosto, ás 20:30 h, na Sede Náutica Novacaixagalicia. Sanxenxo

27/08/2011 20:30
Presentación de IN VINO VERITAS en Carballo
Sábado 27 de setembro, ás 20:30 h, na Praza dos Libros de Carballo

14/10/2011 20:00
Presentación de IN VINO VERITAS en Allariz
Venres 14 de outubro, ás 20:00 h, na librería Aira das Letras

28/10/2011 20:30
IN VINO VERITAS en Rianxo
Venres 28 de outubro, ás 20:30 h, no Auditorio de Rianxo

06/02/2012 18:30
Francisco Castro no clube de lectura do IES de Valadares
Luns 6 de febreiro, ás 18:30 h, no IES de Valadares. Vigo

23/04/2012 12:30
Celebración do Día do Libro en Ourense
Luns 23 de abril, ás 12:30 h, na librería Paseo. Rúa do Paseo, 15. Ourense


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal