Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « CRÍTICA, MANUAIS E PENSAMENTO « ESAD Galicia

Obra dramática completa
Kane, Sarah



En colaboración coa Escola de Arte Dramática de Galicia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia tira do prelo un novo título da colección Biblioteca ESAD dedicada a textos teatrais traducidos para o galego. Trátase da Obra dramática completa de Sarah Kane, unha das grandes innovadoras do teatro inglés do derradeiro cuartel do século XX. O libro leva un interesante e documentado limiar de Manuel F. Vieites, que tamén se fixo cargo da tradución.

A mediados da década de 1990, a piques de finalizar o século XX, abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaron reaccións ben similares ás que se produciran a finais da década de 1950 coa irrupción dos mozos irados. Desta volta son as mulleres, entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras máis interesantes do panorama teatral en Europa.

A edición da Obra dramática completa de Sarah Kane que agora presentamos inclúe cinco textos dramáticos (Derruba, Amor de Fedra, Límpidos, Degoiro, 4.48 Psicose) e un guión (Pel). Trátase de pezas herdeiras, en moitos aspectos, do teatro da crueldade do escritor e actor francés Antonin Artaud, pezas nas que o corpo adquire protagonismo e o texto é un reflexo ou un medio no que a materia carnal se expresa. O ser humano non só como linguaxe e pensamento, tamén como corpo que excede os límites da representación.

Malia a tráxica desaparición da autora en 1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade por mor deses mundos dominados pola dor que tan ben soubo reflectir e que nos falan dun forte compromiso coa vida.




Editorial: Galaxia
Colección: ESAD Galicia
494 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 22.00 €
ISBN: 978-84-9865-193-5
Data publicación: novembro 2009
1ª Edición
Limiar, tradución e notas de Manuel F. Vieites


 

Outros libros de ESAD Galicia
- Anterior:
- Seguinte:


Eventos relacionados:
10/06/2010 12:00
Presentación dos novos títulos da Biblioteca ESAD
Xoves 10 de xuño, ás 12.00 h, na Sala de Xuntas da Escola Superior de Arte Dramática. Poza Cabalo, s/n. Vigo


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal