Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Memoria

Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega
Alonso Montero, Xesús



Con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro, Editorial Galaxia publica este libro no que o profesor Xesús Alonso Montero fai un percorrido pola vida e a obra do escritor, realizando un retrato moral e intelectual do autor de Filosofía da saudade.

Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón reinventar a cultura galega. O autor salienta o papel do intelectual galeguista como promotor da recuperación da cultura galega en plena ditadura franquista, nun momento en que as Letras en lingua galega, na Galicia franquista, eran irrelevantes, case inexistentes, e o uso social do vello idioma do país faría pensar que ese idioma só había producir, no futuro, unha literatura subalterna, "dialectal" e folclórica.

Nese marco tan precario, cando non hostil, xorde o proxecto cultural que Alonso Montero describe pormenorizadamente en Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Desde o período anterior á Guerra Civil ata o seu papel como director literario de Editorial Galaxia, pasando polos anos de cárcere, a súa relación coa mocidade e a polémica con Luís Seoane, o libro é unha biografía intelectual de Piñeiro e un fresco do panorama cultural da época.




Editorial: Galaxia
Colección: Memoria
454 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 30.00 €
ISBN: 978-84-9865-189-8
Data publicación: maio 2009
1ª Edición


 

Outros libros de Memoria
- Seguinte:

Outros libros de Alonso Montero, Xesús
- Anterior:


Eventos relacionados:
23/06/2009 20:00
Xesús Alonso Montero en Ourense
Martes 23 de xuño, ás 20.00 h, no Liceo de Ourense

10/07/2009 19:30
Xesús Alonso Montero na Feira do Libro de Vigo
Venres 10 de xullo, ás 19.30 h.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal