Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


Neve
Pamuk, Orhan



Publicada orixinariamente en turco no ano 2002, Neve está considerada unha das obras mestras de Orhan Pamuk pola súa concepción narrativa, na que a intriga se combina axeitadamente coa poesía.

A historia que Pamuk conta en Neve céntrase na viaxe dun poeta exiliado á meláncolica cidade de Kars, que acaba de sufrir unha vaga de suicidios de mozas por se lles prohibir o uso do veo. O obxectivo do poeta e protagonista da novela é escribir sobre esta cadea de feitos tráxicos. Pamuk aproveita a atmosfera da cidade, envolveita nunha nevarada constante, para elaborar unha metáfora da melancolía.

A novela introduce a lectores e lectoras nun universo ficional no que a farsa, a crueldade e a violencia se personifican na cidade de Kars e na atracción que o poeta protagonista sente por unha muller, a fermosa Ipek, e pola figura dun terrorista carismático.




Editorial: Galaxia
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
606 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 24.00 €
ISBN: 978-84-9865-233-8
Data publicación: novembro 2009
1ª Edición
Tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos


 

Outros libros de Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Pamuk, Orhan
- Anterior:
- Seguinte:


Eventos relacionados:
22/01/2010 11:30
Presentación dos últimos títulos da Biblioteca Compostela
Venres 22 de xaneiro, ás 11.30 h, no salón verde do Concello de Santiago de Compostela


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal