Autonomía e modernidade en Galicia
Díaz, Ceferino
Unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009
Transcorreu xa tempo abondo para valorar as bondades e fraquezas da autonomía. Máis de vinte e cinco anos despois, é o momento de analizar os resultados. Este libro responde a esa demanda ao estudar os cambios e transformacións que se produciron en Galicia como consecuencia do goberno autonómico.
Os anos da Autonomía coinciden cos de maior desenvolvemento da sociedade galega. Os traballos que se recollen neste libro parten desa constatación amais de teren en conta a incidencia doutros factores -contexto internacional e o papel da Unión Europea- á hora de estudar o acontecido durante un período no que Galicia goza de autogoberno para organizar e construír o seu presente.
O cambio social, a análise económica, o territorio e a súa ordenación, o sistema sanitario galego, os medios de comunicación, o longo proceso de normalización lingüística e o devir da cultura son os eixes temáticos desta pormenorizada análise, que reflicte unha etapa de máis de vinte anos de período autonómico.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Ensaio
|
 |
| 500 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
29.00 €
|
 |
| ISBN: 978-84-9865-280-2 |
 |
| Data publicación: maio 2010 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Ensaio
- Seguinte: Filosofía da saudade
Outros libros de Díaz, Ceferino
- Anterior: A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
Eventos relacionados:
24/06/2010 20:00 Presentación de AUTONOMÍA E MODERNIDADE EN GALICIA Xoves 24 de xuño, ás 20.00 h, na Biblioteca Ánxel Casal. Avenida de Xoán XXIII, Santiago de Compostela
01/07/2010 20:00 Presentación en Pontevedra de AUTONOMÍA E MODERNIDADE EN GALICIA Xoves 1 de xullo, ás 20:30 h, no Café Moderno. Fundación Caixa Galicia. Praza de San Xosé, 3. Pontevedra
 |
 |