Queer-emos un mundo novo
Moure, Teresa
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011
Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións
Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico que o feminismo sempre rexeitou. Porque non é certo que a opresión sexista estea na sociedade e non nas linguas.
En principio, queer trátase dunha teoría e dun activismo político que racha co binarismo: a realidade é complexa de máis como para dármola reducido a ser-A ou ser-non-A, a ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiplos espazos intermedios entre dúas categorías estereotipadas. Se resulta difícil ou imposíbel definir que é unha muller, ese nós común partillado por todas as mulleres, segundo as teorías feministas clásicas, debilítase. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. Ao se aplicar á literatura galega, a teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Ensaio
|
 |
| 132 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
12.50 €
|
 |
| ISBN: 978-84-9865-435-6 |
 |
| Data publicación: maio 2012 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Ensaio
- Seguinte: Filosofía da saudade
Outros libros de Moure, Teresa
- Anterior: A palabra das fillas de Eva
Novas relacionadas:
- Queer-emos un mundo novo [07/08/2012]
- Presentouse a obra gañadora do XI premio Ramón Piñeiro de ensaio [07/08/2012]
- Galaxia no Festigal [05/11/2012]
- Presentación de 'Queer-emos un mundo novo', de Teresa Moure en BUEU [05/03/2013]
Eventos relacionados:
20/06/2012 20:00 Presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO Mércores 20 de xuño, ás 20 h, na libraría Pedreira. Rúa do Home Santo, 55. Santiago de Compostela
25/07/2012 17:40 Teresa Moure no Festigal Mércores 25 de xullo, ás 17:40 h, na Galería das Letras. Campus Sur. Santiago de Compostela
02/12/2012 10:00 CULTURGAL 2012 Do 30 de novembro ao 2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra
13/12/2012 19:30 Presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO Xoves 13 de decembro, ás 19:30 h, na Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela
01/02/2013 20:00 Presentación do libro gañador do Premio Ramón Piñeiro 2011 en BUEU Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure
 |
 |