Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Peza clave da historia de Galiza     Consello de Administración     Equipo editorial     Galaxia en cifras    
A creación da Fundación Penzol

1963


Biblioteca da Fundación Penzol
 
O 5 de maio de 1963 constitúese en Vigo a Fundación Penzol, unha iniciativa do contorno cultural de Editorial Galaxia, que toma o nome do bibliofilo galeguista Fermín F. Penzol-Lavandera, quen achegou os primeiros fondos bibliográficos e documentais. Ese mesmo ano, por iniciativa de Francisco Fernández del Riego, fundador e director xerente da editora dende 1950 a 1974, a Real Academia Galega institúe o Día das Letras Galegas, coincidindo co centenario da edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, título co que simbolicamente comeza o Rexurdimento do século XIX. Secundaban a iniciativa de Fernández del Riego os tamén académicos Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román, ambos os dous membros do equipo fundacional da editora.

A Fundación Penzol, que na actualidade dispón de magníficas instalacións na Casa da Cultura de Vigo, cedidas polo Concello desta cidade, constitúe o principal centro de documentación e estudo da literatura e da historia da Galicia contemporánea, cun importante patrimonio bibliográfico ao que acoden anualmente centos de visitantes e investigadores.

Na órbita da Editorial Galaxia creáronse ademais a Fundación Otero Pedrayo, con sede no pazo de Trasalba (Ourense), residencia familiar do Patriarca, e mais a Fundación Isla Couto, con legados non menos importantes, a primeira centrada na obra e memoria do escritor ourensán e a segunda cun abondoso fondo bibliográfico de diferentes materias, moi especialmente galeguismo, espiritualidade e economía. Xaime Isla Couto dirixiu entre 1958 e 1968 a Revista de Economía de Galicia, impulsada tamén pola editora.
As orixes
Primeiras edicións e nacemento de Grial
A creación da Fundación Penzol
Ramón Piñeiro
A modernización de Galaxia
A Galaxia do novo milenio

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal