Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.
Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...
16 de decembro de 2010
[ Actividades ]

Hoxe, na sección de Experiencias, contamos como traballaron dende Espazo Lectura co libro de Manuel Janeiro, A abella abesullona. A de cousas que pode suxerir na rapazada unha abella que pregunte como é debido!
