Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.
Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...
22 de febreiro de 2012
A experiencia de aula amosa con claridade que no noso traballo docente botamos ás veces moito tempo elaborando, case que artesanalmente, diagramas, mapas, presentacións...
Para simplificar ese labor e así aforrarnos tempo, vén de nacer unha web que concentra todas esas ferramentas e á que podes acceder dende a ligazón de máis abaixo.
