Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.

Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...

  • Blog 
  • Para rachar estereotipos

Para rachar estereotipos


02 de decembro de 2010

Para deixar de ver o mundo como non é

A directora xeral da Casa Árabe, Gema Martín Muñoz, o conselleiro de educación e ordenación universitariada Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Abad, e o secretario coordinador do Foro 2010, Manuel Dios Diz,participarán na inauguración da exposición De Saladino a Sherezade. Oriente no cómic, ás 18:30 horas no Museo Pedagóxico de Galicia.Esta exposición, producida pola Casa Árabe, está organizada con motivo da celebración do Foro 2010, iniciativa promovida polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz.A exposición poderá visitarse no Mupega ata o 28 de febreiro de 2011.
A Exposición analiza os estereotipos árabes no cómic, o tratamento queos árabes reciben e recibiron historicamente en Occidente, algo sobre o que convén reflexionar na actualidade e sempre.


Buscar en fichas de lectura

Buscar en artigos do blog

Categorías

Valores

Ligazóns


logo

Avenida de Madrid, 44

36204 - Vigo(España)

Tel: 986 432 100

mail: galaxia@editorialgalaxia.es