Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.

Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...

  • Blog 
  • Ler para aprender. Ler na era dixital

Ler para aprender. Ler na era dixital


30 de maio de 2011

¿E agora como alfabetizar?

Esta publicación ofrece artigos, breves e divulgativos, escritos por persoas de recoñecido prestixio. Ten como fin compartir ideas, consellos, pensamentos, ademais de suscitar o debate e a reflexión sobre os vellos e os novos obxectivos da alfabetización. 'Con firma' quere contribuír a facer da lectura a ferramenta básica do coñecemento especialmente na era dixital. Ofrece a docentes, estudantes e familias claves e instrumentos para favorecer a competencia lectora e ofrece ideas e consellos para ensinar a ler (comprender, escribir, falar e conversar) por pracer e a ler para aprender matemáticas, filosofía, publicidade ou arte. Ademais, presta unha especial atención á diversificación dos soportes de lectura e ás novas formas de ler, así como as posibilidades que ofrece a Web 2.0 para a educación. A lectura dixital vai unida a novas prácticas culturais, que requiren novas competencias. Aquí abórdanse os cambios que supón a lectura en Internet que van moito máis alá dun cambio de soporte. Supón fundamentalmente cambios profundos no modo de acceder á información, de procesala e de compartila para satisfacer obxectivos moi diversos: gozar, relacionarse cos outros, participar en actividades sociais, e, fundamentalmente, aprender. Esta publicación que se enmarca nos recursos do Centro Virtual www.leer.es cuxo obxectivo é contribuír ao éxito académico e a superar o abandono e o fracaso escolar.


Buscar en fichas de lectura

Buscar en artigos do blog

Categorías

Valores

Ligazóns


logo

Avenida de Madrid, 44

36204 - Vigo(España)

Tel: 986 432 100

mail: galaxia@editorialgalaxia.es