Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Galicia



 
Comunidade autónoma do Estado español (Unión Europea), situada no extremo noroccidental da península Ibérica. Limita ao sur con Portugal, ao leste coas comunidades de Asturias e Castela-León, ao norte co océano Atlántico e o mar Cantábrico, e ao oeste, co océano Atlántico.

2.712.445 habitantes. 29.575 quilómetros cadrados de superficie. Densidade: 94,4 habitantes por quilómetro cadrado. Máis de 1.200 quilómetros de costa. Importantes portos naturais e 700 praias. Clima oceánico húmido, con variantes comarcais marcadas pola diferenza entre a costa e o interior, a chaira e a montaña, o norte e o sur.

Capital: Santiago de Compostela (90.188).
Outras cidades importantes: Vigo (293.725), A Coruña (243.349), Ourense (108.358), Lugo (92.271), Ferrol (77.155) e Pontevedra (79.372).

Idioma: galego ("lingua propia de Galicia", segundo o Estatuto de autonomía de 1981), cooficial co castelán ou español.

División administrativa: catro provincias (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) e 315 concellos. O concello con maior número de habitantes é Vigo. O de menor número de habitantes: Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo (310 habitantes). O concello máis extenso é o da Fonsagrada (Lugo) con 438,45quilómetros cadrados. O máis pequeño, Mondariz-Balneario (Pontevedra), con 2,3 quilómetros cadrados.

Institucións de goberno: Xunta de Galicia (executivo), Parlamento (lexislativo) e Tribunal Superior de Xustiza (xudicial). O Consello da Cultura Galega é unha institución autónoma, con personalidade xurídica propia, encargada de asesorar e animar a actividade cultural.

Bandeira: branca cunha banda azul. No seu escudo, un grial con sete cruces.
Galicia
O galego. Lingua propia de Galicia
O galego-portugués
As institucións da lingua galega
 
Os séculos medievais
Os Séculos Escuros
O Rexurdimento
Das Irmandades da Fala á Xeración Nós
A Guerra Civil e o exilio
A recuperación da lingua literaria
As xeracións da democracia

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal